O venres 22 de abril celebramos o día do Libro no Sello 📙
Fixemos a entrega de premios dos dous concursos, que traballamos durante as semanas previas.
- Concurso "Libros de cine": aquí temos a exposición dos libros levados ao cine, que foron feitos polo noso alumnado.
- Concurso "Ata sempre, Libroreta!". Libroreta deixa vacante o posto de mascota da biblioteca non sen antes pedirnos un último reto: crear á súa futura sucesora! Así que todo o alumnado do Sello púxose mans ás obra!!
No seguinte vídeo temos os/as gañadores/as dos dous concursos. Foi unha decisión moi complicada xa que rozouse case o 100% de participación e o nivel das propostas era moi alto! Parabéns a tódolos/as participantes!