viernes, 25 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

Onte foi un día moi especial xa que celebramos a apertura da nosa biblioteca por petición de LIBRORETA da cal recibimos unha carta. Foi toda unha sorpresa atopar no buzón de cada aula una nova carta da nosa mascota. Botámola moitísimo de menos. Agora que xa voltou das vacacións coa súa familia, invitounos  a traballar sobre os inventos nunha viaxe espacial que comeza coa entrada nunha máquina do tempo. 



Así, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares todo o alumnado e o profesorado do centro reunímonos na biblioteca onde fixemos distintas actividades como: a entrega dos novos carnés lectores, as maletas viaxeiras, visionado dun videoconto realizado polo alumnado de 6º, escoita de poemas das rapazas e dos rapaces de 2º, entrega do primeiro número da nosa revista-xornal GALILEO...




Pásamolo en grande neste día tan especial e... POÑEMOS RUMBO AS NOSAS EMOCIÓNS E CREACIÓNS ENRIBA DAS ÁS DE LIBRORETA para comezar esta nova aventura co proxecto anual REIVENTARTE ao redor da nosa biblioteca escolar.





Deixámosvos algunhas fotiños desta celebración...


AS MALETAS VIAXEIRAS



domingo, 13 de octubre de 2019

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES

BIBLIOTECA ESCOLAR: VIVEIRO DE CIDADANÍA

Xa coñecemos o lema escoliido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2019/2020.



BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.



"Cómpre sementar, crear ese hábitat oara que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á sía disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecederora para todos e todas.

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e oidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta"









lunes, 7 de octubre de 2019

 



ESTAMOS DE PARABÉNS!!


Saúdos nenas e nenos. Saúdos familias!!!

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos acaba de publicar a lista pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa de "Biblioteca Creativa" para o curso 2019-2020. Nesa lista está o nome do noso centro.

Así que dentro de moi pouco aparecerán pola biblioteca do cole uns amiguiños novos.



jueves, 3 de octubre de 2019