martes, 30 de octubre de 2018

APERTURA DE PORTAS!

O mércores, 24 de outubro, día das bibliotecas escolares, libroreta deunos a benvida no seu recuncho, no noso tamén recuncho, na biblioteca do Sello. Recibiunos falando da súa carta, da súa preocupación polo noso entorno. Quixo abrir as portas da biblioteca e mais os nosos sentidos. Así fíxonos reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeramos. Falounos da posibilidade de "reciclar, reutiliar e reducir" e tamén valorou a nosa paisaxe, os nosos bosques, os nosos ríos, os nosos mares...Por mor diso, este ano comezamos nun traballo da nosa terra, do sitio onde vivimos e vive nosa familia. Este traballo ou proxecto o chamaremos: "miña terra, meu lar", e nel estará involucrado todo o Centro. 
Libroreta tamén contou o importante que é ler para investigar acerca este tema e outros máis,  e deunos un marca páxinas (con forma de xouba) para non esquecer por onde nos quedamos na historia, na aventura do noso libro. Ademais xogamos con ela a dramatizar, a facer un pouco de teatro cos libros preferidos. Hai moito actor e actriz no Sello!
Moitas grazas Libroreta.

lunes, 29 de octubre de 2018

Un ano máis Libroreta dános a benvida


 

Ola de novo!


Aquí estamos, de volta ao Sello despois destas vacacións que agardo disfrutarades. Eu tiven un verán moi interesante, estiven nos bosques, mares e ríos galegos. Alí atopeime con prantas e animais preciosos, e imaxinei moitos seres vivindo nese entorno tan máxico como sempre foi a nosa terra, incluso penso que vin un trasno e unha fada!!..quizáis fora a miña imaxinación rica polos libros que lin, ou non.
Xuntos este ano, a pesar de estar na biblioteca, poderemos adentrarnos na espectacular foresta galega e navegar polos nosos ríos e mares. Todo asemella precioso verdade? Hai algo que non me gustou...teremos que investigar sobre a cantidade de refugallos que aparecían no noso contorno e moitos bosques queimados, moita mágua sentin. Non pode ser!. Eu recollín todo o lixo que atopei...e sabedes que? Con él puden facer moitas manualidades porque coñecin unha regra, a das tres erres: reciclar, reducir e reutilizar. Pois este ano desexo para todos un curso moi osixenado...aire limpo, e cando queirades un recuncho onde investigar isto e calquer outro tema interesante...estarei leda de recibirvos na biblioteca do Sello. Invítovos o mércores 24 de outubro...vémonos!