viernes, 29 de abril de 2016

RECOMÉNDOCHE ESTE LIBRO PORQUE...

Como xa vos comentamos, na Semana do Libro, cada alumno recomendou un libro de entre os seus favoritos. Aquí poderedes ver e escoitar as súas eleccións.











martes, 26 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO



Chegou o Día do Libro e como sempre realizamos unha morea de actividades. Algunhas delas realizámolas ao longo de todo o curso, como o "Apadriñamento lector" ou "Os luns ao sol". Outras, en cambio, realizámolas concretamente para a conmemoración desta data sinalada.
Este ano, como xa ven sendo tradición no Sello,  os mestres leemos, na hora de ler, contos en diferentes idiomas: galego, castelán, inglés, francés e italiano.
Tamén este ano cada neno do cole realizou  unha recomendación lectora dalgún libro que se atope entre os seus favoritos. 
Ademais aproveitamos a celebración do Día do Libro para dar a coñecer ao gañador do concurso de "Elemental, Querida Libroreta".
Como saberedes a pregunta era: Con que frase célebre comeza a novela escrita por Miguel de Cervantes "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha"? 
A gañadora foi Noa Costas de 5º de EP
Parabéns Noa!!!
Se queredes saber a resposta mirade o vídeo que vos deixamos aquí e no que podedes ver ademais, todo o traballo realizado.

viernes, 22 de abril de 2016

ANIVERSARIO DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Este ano conmemórase o 400 aniversario da morte do escritor Miguel de Cervantes, autor da célebre obra "Don Quijote de la Mancha". Por esta razón quixemos renderlle un pequeno homenaxe no Día do Libro e  preparamos esta breve presentación.

jueves, 21 de abril de 2016

RIMANDO EN GALEGO. DÍA DA POESÍA.

O pasado 5 de abril celebramos o Día Da Poesía. Para conmemorar este día decidimos converternos en poetas e  crear a nosa propia poesía. Iso si, relacionada coa temática que cada aula está a traballar dentro do noso Proxecto Anual "Costumes e tradicións galegas". 
A verdade é que saíron uns versos preciosos. 
Bo traballo rapaces... e mestres!!!


lunes, 18 de abril de 2016

A MALETA DA POESÍA

Coincidindo ca celebración do Día da Poesía, dende o CFR de Vigo chegou ao noso cole unha maleta cargadiña de libros de poesía.
Así que durante uns cantos días a maleta percorrera todas as aulas para que todos os nenos e nenas poidan gozar do seu contido. Os nenos de 3º de Primaria xa empezaron a ler os primeiros versos.





domingo, 17 de abril de 2016

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Un ano mais todo o noso alumnado de primaria e os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil, puideron realizar unha visita ao Salón do Libro de Pontevedra, que vai xa pola súa XVII edición.
Este ano baixo o tema de "Canta Bichería", coñeceron a Extravaganzza e a unha morea de curiosos animaliños cos que percorreron moitas aventuras.
Ademais gozaron tamén dunha fabulosa obra de teatro titulada "El niño erizo".
Pasarono xenial!!! De seguro repetiremos.

LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María Fernández Teixeiro é o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Aquí tedes algunhas actividades que vos poden resultar de interese para coñecer un pouco mais a vida e a obra de este escritor.



 Manuel María

lunes, 11 de abril de 2016

ANUNCIASE QUE....

Outra das funcións dos nosos voluntarios de Biblioteca é a elaboración dos carteis informativos coas diferentes actividades que se va a desenvolver no cole. Aquí os tedes preparando o da Semana do Libro.
Xa podedes ver o resultado final no taboleiro de Libroreta. 
Así que quedades todos avisados das actividades da vindeira semana.







jueves, 7 de abril de 2016

VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA

O noso equipo de Voluntarios de Biblioteca emprégase a fondo nas súas funcións. Aquí tedes a algúns deles axudando aos seus compañeiros na procura dos libros que queren ou necesitan, e ao mesmo tempo, formando novos usuarios competentes.
A súa labor é fundamental para que todo funcione axeitadamente. 
Por iso, dende aquí, Libroreta quere felicitarvos pola vosa labor. 
Gracias Voluntarios!!!






miércoles, 6 de abril de 2016

O SEGREDO ENTRE PÁXINAS

O noso Clube de Lectura "Crazy polos Books" rematou a obra elixida para este segundo trimestre,"O corazón da Maxia", de Xavier Estévez.
Como lles gustou tanto quixeron pórlle os dentes largos aos seus compañeiros que non forman parte do Clube e os alumnos de 4º de Primaria. Por iso, fixeron unha presentación da obra para recomendarlle este libro. Deixáronos coa mel nos beizos. 
Seguro que mais de un baixa enseguida a buscar o libro nos andeis da Biblioteca.



lunes, 4 de abril de 2016

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS "SAVE THE CHILDREN"

                 
Como todos os anos volvemos a colaborar coa ONG "Save the Children", participando na VIII edición da campaña "Marcapáxinas Solidarios" a prol da solidariedade.
A actividade consiste en decorar uns marcapáxinas e vendelos coa finalidade  de recadar fondos que despois se destinarán contra a loita da desnutrición infantil, nos países máis desfavorecidos.
Este ano as axuda ira destinada a zona de Burkina Faso e Sahel.

Xuntos podemos mudar o final de milleiros de historias.