martes, 11 de febrero de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA NENA NA CIENCIA 2020
Con motivo da celebración do Día Internacional da nena na ciencia, o Concello de Vigo organizou unha sesión divulgativa no museo Verbum. O alumnado de 5º e 6º do noso centro tivo a grandísima sorte de participar nos obradoiros realizados na sesión do pasado 11 de febreiro.
Despois dun arranque trepidante cun concurso de preguntas a través do KAHOOT, puidemos participar en varios obradoiros con experimentos realizados, no pasado, por grandes científicas.
Foi unha oportunidade incríble de vivir a ciencia de primeira man.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario