lunes, 30 de noviembre de 2015

XOSE NEIRA VILAS

Falece unha gran figura da Literatura Galega, autor dunha das obras de referencia da nosa literatura coma é "Memorias dun neno labrego".
Dende aquí non podíamos deixar de renderlle un pequeno homenaxe con esta breve presentación.



jueves, 26 de noviembre de 2015

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Co gallo da celebración do Día Internacional da Non Violencia contra a muller, os alumnos do cole representamos unha obriña, baseada no conto de Maruxa, da editorial OQO. Con el aprendemos que todo é máis doado e divertido cando se fai entre dous.
<iframe src="https://player.vimeo.com/video/128880866" width="500" height="375" frameborder="0" webkitallowfullscreen mozallowfullscreen allowfullscreen></iframe> <p><a href="https://vimeo.com/128880866">Maruxa</a> from <a href="https://vimeo.com/user22428465">Ceip Coiron</a> on <a href="https://vimeo.com">Vimeo</a>.</p>
                        TOD@S IGUAIS E TOD@S DIFERENTES.

                                  

miércoles, 25 de noviembre de 2015

BENVIDOS AO RECUNCHO DE LIBRORETA POLA TARDE

Lectura, consulta, xogos ou contacontos son algunhas das posiblidades que a nosa biblioteca ofrece polas tardes aos seus usuarios. 
Non dubidedes en visitarnos para pasar un bo rato.

martes, 24 de noviembre de 2015

INAGURACIÓN BIBLIOTECA


Por fin remataron as obras da colocación do novo chan e dos novos andeis da nosa biblioteca
                         ¡¡¡Arturo,  mil grazas!!!!
Aínda que queda traballo por facer, xa todo está organizado para que poidamos volver a gozar da nosa biblioteca.
Ademais hai moitas novedades: recuncho TIC, zona de lectura informal, zona de audiovisuais, zona de lectura de pais, buzón de suxestións... e tamén novas actividades. Agora so queda empezar a gozala!
Aproveitmaos o acto de reapertura para homenaxear ao recén falecido Xosé Neira Vilas e coñecer algunha das súas principais obras.
Estabamos todos tan contentos coa nosa renovada biblioteca que acabamos cantando unha coñecida canción. 
                    Mirade que chulísima nos quedou!!!!









jueves, 19 de noviembre de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comenzamos unha nova viaxe das nosas mochilas viaxeiras, cargadiñas de historias e aventuras marabillosas. Esperamos que gocedes moito con elas.

 

DOBRAXE NA ESCOLA

De novo 3º e 4º de Primaria gozou dunha interesante actividade da Concellería de NL e o Concello que tivo como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe. Primeiro, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo dramático moi divertido no que nos mostraron os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe. Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, presentáronnos aos personaxes do “mini capítulo” que logo dobramos. Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. Cando xa tiñamos os/as dobradores/as.iLemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio! Imos gravar! Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

OBRADOIRO ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS

O Concello e a Concellería concedeunos esta actividade para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e a través da exposición de dez plantas aromáticas falamos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes... E para rematar fixemos os nosos propios sacos de olor con diferentes herbas.


martes, 17 de noviembre de 2015

REMODELACIÓN DA BIBLIOTECA

Xa dende o curso pasado vimos realizando unha serie de cambios e melloras na nosa Bilioteca Escolar. 
O profesorado decidiu embarcarse  nun "Plan de Formación Permanente" para a mellora e dinamización da nosa Biblioteca. Estes cambios non só afectan ao seu aspecto físico senón tamén ao seu funcionamento e funcionalidade dentro do centro.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do que foi a remodelación do espazo físico.   

                       

viernes, 13 de noviembre de 2015

I Edición: OLIMPIACAS



Chegou o día do Magosto e para celebralo, no CEIP O Sello, organizamos a I Edición das Olimpiacas. Todo o alumnado do centro, organizado en grupos formados por alumnos de diferentes idades, foron pasando polos distintos xogos populares nos que a protagonista foi a castaña. 
Ademais todos os cursos recitamos poesías, adiviñas ou cantigas sobre esta festa e gozamos degustando deliciosas castañas asadas.



                                    



lunes, 9 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DE PLASTILINA

Con produtos de uso cotián como son a auga, a fariña, o aceite ou os colorantes alimentarios, elaboramos un produto natural, semellante a plastilina que logo levamos para casa. Dende a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitíronnos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Outra actividade concedida pola Concellería de NL e o Servizo de NL do Concello de Vigo.
 

miércoles, 4 de noviembre de 2015

O SOÑO DE ESTHER

Nesta ocasión a Concellería de NL e o Concello de Vigo concedérennos unha nova e diferente actividade para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria. Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achegounos historias coas que aprender dun xeito divertido as vogais, os puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua. Acompañado dun obradoiro de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que o alumnado trazou vogais no aire, letras ou debuxos.