lunes, 20 de diciembre de 2021

SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

No seguinte vídeo tendes a nosas suxestións para ler neste Nadal! 
Dende o equipo de biblioteca, queremos aproveitar para desexaros un BO NADAL
Que o vindeiro ano veña cheo de ilusións e moitos sorrisos!
 




viernes, 29 de octubre de 2021

Un Samaín de CINE

Que semana máis movidiña tivemos en SELLOWOOD!! 

Libroreta retounos a crear carteis de películas de medo a cambio dunha entrada para unha sesión de cine o día 29. 

Despois de moito traballar, e tralo visto bo da nosa taquillera Justina…

 ACADAMOS AS ENTRADAS!!! 🎉



Tamén estivemos a falar nas aulas sobre os nosos medos para hoxe deixalos no COMEMEDOS.

Foi un día diferente, con música, disfraces e moito cine. 

BÓTADELLE UN OLLO!!






HAPPY SAMAÍN!!!

lunes, 25 de octubre de 2021

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA-CONTACONTOS DE ALMUDENA JANEIRO- DECORACIÓN DE SELLOWOOD

 A conta atrás chegou ao seu fin...

Hoxe, 25 de outubro, o alumnado do CEIP O SELLO foi recibido no centro con música e cunha decoración especial!

Iniciamos novo proxecto, "SELLOWOOD", onde traballaremos o cine de forma transversal. (Recordamos que esta temática do cine foi escollida polo propio alumnado). 

Tras moito traballo... Hoxe inauguramos novos espazos!!

Na porta de entrada do colexio, o título deste proxecto, co xogo de palabras Hollywood-Sello = Sellowood. 

A nosa nova porta da biblioteca, ou quizáis a partir de agora, deberemos dicir as cortinas de "Multicines Libroreta". 


Que pensades da nosa taquilla? 


E non podía faltar unha gran alfombra vermella que conecta con Multicines Libroreta.


E os maxi Óscar presidindo a porta de entrada?



Fixádeos ben! Tamén temos unha claqueta enorme enriba da porta! Incluso as cortizas foron decoradas...


Por certo, non podía faltar o recuncho de POP CORN! Por se temos un pouco de fame no cine... 



Pero isto non é todo!
Hoxe celebramos tamén a inauguración da biblioteca, xa que onte foi o días das bibliotecas escolares!
Temos que agradecer dende aquí aos compis de 6º de primaria, que foron os encargados de presentar a biblioteca ao resto de cursos e de facer a entrega das mochilas viaxeiras. 
MOITAS GRAZAS! FOI TODO UN ÉXITO!




 

Por se fora pouco, hoxe recibimos tamén a visita de Almudena Janeiro. Contounos dous contos fermosísimos (Corre, corre Cabaciña e A voda do galo pinto). Ademais, estivemos cantando e bailando as súas cancións! MOITAS GRAZAS ALMU! 
Pasámolo xenial!







Unha aperta moi grande de Libroreta!


 






jueves, 7 de octubre de 2021

3, 2, 1… ACCIÓN!

Chegou o momento de desvelar cal é o tema do proxecto para este curso 2021-2022!! 🎉🎉🎉

Despois de contar coas opinións e ideas do noso alumnado, Libroreta decidiu que o tema máis votado, e por tanto o elexido, foi… 

Se queres sabelo, reproduce o vídeo!! 👏



miércoles, 6 de octubre de 2021

Comezamos o curso escolar 2021-2022 estreando pictos!

Ola amigas e amigos!

Este é o pictograma que dende os primeiros días de setembro está situado na entrada da nosa biblioteca, á man dereita.

Desta forma tratamos de loitar por un colexio máis accesíbel a nivel cognitivo e máis inclusivo. 



Atopaches máis pictogramas polo colexio? 

Unha forte aperta!!

viernes, 18 de junio de 2021

REVISTA SARDOMELA NÚMERO 24






Moitas grazas a todo o profesorado,  alumnado e a ANPA pola colaboración  na creación da nosa querida revista SARDOMELA. 
Foi un ano complicado pero o superamos con moita ilusión e creatividade plasmado nas páxinas da revista. Esperemos que vos guste.
Lembrade escanear os códigos QR para acceder a contenido exclusivo ;)

Grazas a todos/as e bo verán. 


PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO NO PROXECTO DO CENTRO
DE ONDE VÉS, A ONDE VAS. 50 ANOS NA CONTORNA DE CABRAL




miércoles, 9 de junio de 2021

XORNAL GALILEO Nº 3

 NOVAS, NOVAS....

 XA CHEGOUUUUUUU!!! XA ESTÁ AQUI, O TERCEIRO NÚMERO DO XORNAL GALILEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA COA COLABORACIÓN DE TODA A RAPAZADA E PROFESORADO.



jueves, 13 de mayo de 2021

A CASIÑA DAS NOSAS VERBAS EN GALEGO

 SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 

VERBAS EN GALEGO. Adiviñas as bocas e os beizos de cada neno, nena e mestre ou mestra?



GAÑADORES/AS DO CONCURSO: PESQUEITE LENDO

PESQUEITE LENDO 



Enzo de 3º EP, Nora de 4º EP e Lois de 1º EP reciben o seu diploma
conmemorativo polo concurso da semana do libro "Pesqueite lendo".

A rapazada do centro tiña que ser sorprendido lendo nunha zona do noso barrio. 
Despois de achegar a súas fotos, o alumnado tiña que adiviñar onde foron tiradas.


domingo, 9 de mayo de 2021

MAIO MAIÑO, ACHÉGATE A NÓS UN POUQUIÑO

Xa chegou o mes das flores, da luz e do solciño; o mes das nosas letras, das letras galegas e por iso, celebramos "OS MAIOS" rapeando coplas feitas pola rapazada de cada curso con moito "style e flow"

Decoramos unha alfombra debuxada no patio do colexio con flores, cunchas, area de cores, fiuncho, fentos...o ritmo das nosas coplas e da guitarra do noso mestre de música.









                                           OS NOSOS RAPS DOS MAIOS






jueves, 22 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

 


O longo desta
semana do libro a rapazada estivo elaborando e traballando en distintas tarefas integradas para celebrar esta máxica semana do libro, a miña semana favorita como boa LIBRORETA que son!!!! 

Aquí vos deixo a proposta do alumnado de 5º de primaria recén saída do forno da aula...


BOOKTUBERS EN ACCIÓN!!!!!!!!



GRAVACIÓNS NA RADIO

 



Esta semana estivemos elaborando os guións e escaletas dos programas de radio; investigando curiosidades da autora homenaxeada deste ano no día das Letras Galegas, Xela Arias; gravando e aprendendo na nosa emisora ONDASELLO.







viernes, 9 de abril de 2021

DÍA DA POESÍA

 Aos nosos avós e as avoas do barrio chegáronlle as nosas poesías que dende o colexio escribimos para conmemorar este día e celebralo con vós aínda que sexa na distancia.



lunes, 29 de marzo de 2021

NOVO PROXECTO!!!!

Chega ó colexio un novo proxecto de  RETOS MATEMÁTICOS-LINGÜÍSTICOS!!!!

Atréveste a resolvelos? Vamos aló!! 


Primeiro reto: criptograma onde fomentamos a lectura a través da realización de actividades matemáticas multinivel. Formato de máquina de escribir adxuntando a primeira directora muller da prensa.


sábado, 20 de marzo de 2021

MARZO, O MES DA POESÍA

 LIBRORETA FIXO CHEGAR A RESIDENCIA DE MAIORES DO NOSO BARRIO UNS POEMAS MOI ESPECIAIS DO NOSO ALUMNADO.

Gran sorpresa para eles e elas e moita ilusión para a rapazada do colexio.




ACHÉGATE AO NOSO TENDAL DA POESÍA, TROCA UNHA PRENDA POR OUTRA E A...DESFRUTAR!!!



SEMANA DA PRENSA

O noso alumnado estivo a traballar a prensa durante toda a semana a través dos XORNAIS, colaborando e redactando os artigos para a REVISTA GALILEO, inventando noticias para a nosa ONDASELLO a radio do colexio, etc.

Estes son algunhas das NOVAS TOLAS

                                             de las NOTICIAS LOCAS

                                                      and...CRAZY NEWS






                                     

viernes, 12 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

LIBRORETA expuxo diferentes libros sobre mulleres e nenas guerreiras, rebeldes, loitadoras, traballadoras...para traballar o día da muller neste 8 de marzo.
  Dende o Sello lembramos a importancia da IGUALDADE entre mulleres e homes. 

sábado, 27 de febrero de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 


O noso alumnado diseñou e motou un quebracabezas moi chulo cunha imaxe da nosa poetisa favorita, Rosalía de Castro.



sábado, 13 de febrero de 2021

O ENTROIDO DO BARRIO

 De onde ves, 

                     a onde vas

                                     na contorna de Cabral...?



No entroido deste curso, a rapazada e o profesorado divertíronse facendo un estupendo OBRADOIRO de máscaras e disfraces galegos (as pantallas, os volantes, os peliqueiros...) e tamén prepararon os seus disfraces para a festa final atendendo ó PROXECTO DO CURSO....


A rapazada de infantil e terceiro curso de primaria que estudan a fauna e flora vestiron de patos, peixes e abellas.

As nenas e os nenos de primeiro vestiron de traballadores e traballadoras do mercado de Cabral que se atopa moi pretiño do noso colexio.

O alumnado de cuarto remorou a reconquista de Vigo e a loita cos franceses e a importancia da xentiña do barrio na mesma.

Quinto e sexto de primaria preparou platos e louza da antiga fábrica de Santa Clara.


INVESTIGACIÓN E EXPOSICIÓN DO ENTROIDO TÍPICO GALEGO




lunes, 8 de febrero de 2021

OS NOSOS CONTOS DE NADAL

Recén sacados do laboratorio de escritura. Xa chegaron os VIDEO CONTOS de Nadal feitos pola rapazada do colexio. Tódolos cursos o mesmo inicio da historia...como será o final de cada clase? DESCÚBREO ;)

sábado, 30 de enero de 2021

NAVEGANDO POLA PAZ NO SELLO

 Chegou un dos meus días favoritosssss!!! O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ!!!!

Fixemos cousiñas moi bonitas  navegando pola paz no Sello..

Troco dos barquiños da paz por chapas con diseños moi orixinais!!

Os mediadores de quinto presentaron o seu proxecto cunha boa charanga alegre e divertida.

O alumnado de sexto fixo un discurso pola paz buscando e loitando pola resolución pacífica dos conflictos e da paz no colexio e na vida.

Navegades con nós nos nosos veleiros??

CHARANGA DA PRESENTACIÓN DOS MEDIADORES E DAS MEDIADORAS ESCOLARES NO COLEXIO










MENSAXES DE AUGA

O NOSO BAILE POLA PAZ ;)