martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Como cada 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da non violencia e da paz, e nesta ocasión fixémolo a través dunha canción optimista que contaxia as gañas de superar os obstáculos atopados no camiño e de gozar da vida. Coa escenificación desta canción, "SEGUIREMOS" de Macaco, proxectamos a mellor versión de nós mesmos comprometéndonos a EMPEZAR, SEGUIR, BUSCAR, SOÑAR ... e en definitiva, VIVIR !

lunes, 30 de enero de 2017

"MIL COUSAS PODEN PASAR"

Resultado de imagenResultado de imagen para MIL COUSAS PODEN PASAR INeste novo trimestre comezamos no clube de lectura " Crazy polos books"  ca obra " Mil cousas poden pasar" , premio Merlín de literatura 2009 do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano,un dos protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2017.
 


     CRAZY  POLOS BOOKS



Comezamos con gran ilusión esta nova aventura literaria e con moitas ganas de gozar desta obra.

domingo, 22 de enero de 2017

FROITA NA ESCOLA

Como cada ano, o noso centro solicitou a distribución de froita fresca ofertada polo proxecta ALIMÉNTATE BEN para todo o alumnado de E.I. e E.P. Esta solicitude foinos recentemente concedida, polo que  a partir deste 2º trimestre e tamén ao longo do 3º trimestre, contaremos coa repartición e o consumo desta rica e saudable froita fresca.