viernes, 31 de mayo de 2019

clube de lectura

CLUBE DE LECTURA

  Este curso voltamos a ter clube de lectura cos alumnos de 5º e 6º de Primaria voluntarios. Fixemos un grupo de 24 lectores e desfrutamos un montón desta actividade que facíamos os martes na hora do recreo e ler. 
  O libro elixido foi "Unha misión para Clara" de Marica Campo.
Como actividade final visitounos a autora coa que o pasamos xenial e nos divertimos moito.

lunes, 20 de mayo de 2019

reciclaxe

NO SELLO SOMOS OS CAPITÁNS DAS TRES ERRES


Libroreta enviounos algún libro as aulas para que voara a nosa imaxinación, creatividade e gusto polo coidado da nosa terra. Cun proxecto tan ecoloxista e cuns nenos tan artistas había que propoñer que con material de refugallo fixeran xoguetes, decoracións...Moito nos sorprenderon!

viernes, 3 de mayo de 2019

día do libro

 SEMANA DO LIBRO

Na biblioteca lese, cóntase, dramatízase...e non só o fan os nenos senon tamén os mestres...e ademais diso...podemos ler en mais dunha lingua...que todos sabemos sacala!. Esta vez sacamos o galego, castelán, inglés, francés e portugués. O que nos gusta é ler, falar, cantar, facer teatro...e todo na nosa biblio.