De onde ves,
a onde vas
na contorna de Cabral...?
No entroido deste curso, a rapazada e o profesorado divertíronse facendo un estupendo OBRADOIRO de máscaras e disfraces galegos (as pantallas, os volantes, os peliqueiros...) e tamén prepararon os seus disfraces para a festa final atendendo ó PROXECTO DO CURSO....
A rapazada de infantil e terceiro curso de primaria que estudan a fauna e flora vestiron de patos, peixes e abellas.
As nenas e os nenos de primeiro vestiron de traballadores e traballadoras do mercado de Cabral que se atopa moi pretiño do noso colexio.
O alumnado de cuarto remorou a reconquista de Vigo e a loita cos franceses e a importancia da xentiña do barrio na mesma.
Quinto e sexto de primaria preparou platos e louza da antiga fábrica de Santa Clara.
INVESTIGACIÓN E EXPOSICIÓN DO ENTROIDO TÍPICO GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario