A conta atrás chegou ao seu fin...
Hoxe, 25 de outubro, o alumnado do CEIP O SELLO foi recibido no centro con música e cunha decoración especial!
Iniciamos novo proxecto, "SELLOWOOD", onde traballaremos o cine de forma transversal. (Recordamos que esta temática do cine foi escollida polo propio alumnado).
Tras moito traballo... Hoxe inauguramos novos espazos!!
Na porta de entrada do colexio, o título deste proxecto, co xogo de palabras Hollywood-Sello = Sellowood.
A nosa nova porta da biblioteca, ou quizáis a partir de agora, deberemos dicir as cortinas de "Multicines Libroreta".Que pensades da nosa taquilla?
E non podía faltar unha gran alfombra vermella que conecta con Multicines Libroreta.
E os maxi Óscar presidindo a porta de entrada?
Por certo, non podía faltar o recuncho de POP CORN! Por se temos un pouco de fame no cine...
Pero isto non é todo!
Hoxe celebramos tamén a inauguración da biblioteca, xa que onte foi o días das bibliotecas escolares!
Temos que agradecer dende aquí aos compis de 6º de primaria, que foron os encargados de presentar a biblioteca ao resto de cursos e de facer a entrega das mochilas viaxeiras.
MOITAS GRAZAS! FOI TODO UN ÉXITO!
Por se fora pouco, hoxe recibimos tamén a visita de Almudena Janeiro. Contounos dous contos fermosísimos (Corre, corre Cabaciña e A voda do galo pinto). Ademais, estivemos cantando e bailando as súas cancións! MOITAS GRAZAS ALMU!
Pasámolo xenial!
Unha aperta moi grande de Libroreta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario