No CEIP O Sello levamos varias semanas cos preparativos dun día moi especial para os galegos, o Día das Letras Galegas. Este ano é Carlos Casares Mouriño o autor homenaxeado e co fin de achegar ao noso alumnado a súa obra, o EDLG asignou a cada aula un conto da súa literatura infantil, dos fondos da nosa Biblioteca, para traballar durante as "Horas de Ler":
1º E.P.:
“Toribio ten unha idea”
2º E.P.:
“Toribio revoluciona o tráfico”
3º E.P.:
“Toribio contra o profesor Smith”
4º E.P.:
“O can Rín e o lobo Crispín”
5º E.P.:
“A galiña azul”
6º E.P.:
“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
Posteriormente á lectura e comprensión destes contos, os alumnos representaron a portada do mesmo e retrataron ao escritor ourensán na contraportada. Todos eles expuxéronse nos corredores do noso colexio sumándose tamén os seus protagonistas: Toribio, Lolo, o can Rín, o lobo Crispín, a galiña azul, o Principiño ou as laranxas entre outros.
A semana las Letras Galegas aínda non rematou, así que non perdades de vista esta xanela porque temos preparadas algunhas sorpresiñas mais relacionadas con este día.
A semana las Letras Galegas aínda non rematou, así que non perdades de vista esta xanela porque temos preparadas algunhas sorpresiñas mais relacionadas con este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario