domingo, 21 de mayo de 2017

MAIS LETRAS GALEGAS

Despois da actuación das Maimiñas, continuamos celebrando este día da man dos alumnos de 5º de EP que compartiron con todos nós os coñecementos adquiridos da súa investigación sobre a biografía e bibliografía do autor protagonista das Letras Galegas deste ano. 
O broche final a unha xornada tan intensa, o puxeron os alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares acompañados dos seus mestres, levando a cabo unha serie de actividades simultáneas por todas as aulas do noso centro, impartindo a cada un grupo un obradoiro sobre Carlos Casares acorde a súa idade. 
O alumnado de E. Infantil participou no "Xogo de Leoncio", baseado no libro de A galiña azul, nunha lona xigante, colocada no chan a modo de Xogo da Oca. Previamente contáronlles a historia de Leoncio e A galiña azul.
Para 1º e 2º de E. Primaria, utilizaron as casas do xogo anterior, e crearon unha versión on line. Ademais, cantaron unha canción baseada na historia de A galiña azul acompañada da percusión das cuncas. 
Os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria desenvolveron a actividade chamada  "O tren de Casares", na que o alumnado do IES contoulles un conto, acompañado dun vídeo amosando a biografía do escritor. A continuación participaron, formando equipos, nun xogo de mesa resolvendo probas e respondendo preguntas baseadas no conto inicial. 
En canto a 5º e 6º de E. Primaria visionaron un filme de Casares e escoitaron un conto baseado na biografía do escritor. Posteriormente, formando equipos, participaron nun xogo de mesa no que o taboleiro estaba inspirado nun carrete antigo de cine e, imitando o famoso xogo do Trivial,  foron respondendo preguntas e resolvendo probas para gañar as pezas da bandeira galega. 
Dende aquí queremos felicitar a todo o equipo de alumnos e mestres do IES Carlos Casares por tan bo traballo e a súa dedicación non só á hora de preparalo senon de poñelo en práctica con tanto mimo e profesionalidade por parte de todos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario