viernes, 31 de enero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



A palabra "paz" nunha chea de idiomas. As nosas botellas máxicas da paz con poesía


Co gallo do día escolar da non violencia e da paz, no día de onte celebramos: a unión, a paz, a resolución pacífica dos conflitos, a amizade, a empatía, o sorriso de cada mañá... E para iso, xuntámonos tódolos e tódalas para realizar un acto ben bonito no que no faltaron os abrazos, o cariño e a tenrura.

O alumnado de sexto presentou un manifesto da PAZ o que agradecemos con moitísimos aplausos. Ademais non podía faltar a presentación dos MEDIADORES ESCOLARES do grupo de quinto de primaria para novo curso escolar; estiveron aprendendo durante estes meses pasados coa axuda das nenas e dos nenos de sexto. Explicáronnos que estarán no patio tódolos recreos e serán moi visibles grazas aos chalecos que levan; tentarán de resolver de forma pacífica os conflitos que puideran xurdir.

O alumnado de cuarto de primaria presentou O BAUL DA IGUALDADE o que quixemos chamar DIVERPATIOS E IGUALANDIA. Un baúl cheo de xoguetes e sorpresas moi bonitas que farán dos recreos un lugar especial onde xogar TODOS E TODAS XUNTO/AS compartindo experiencias e anécdotas.


Quixemos celebrar tamén por segundo ano consecutivo a 2ª EDICIÓN DOS PREMIOS NOBEL DA PAZ e os gañadores e as gañadores elexidos en cada grupo-clase polos/as seus compañeiros/as recibiron un pequeno diploma e unos obsequios ben merecidos.


En sexto o gañador foi Lucas; recollían o premio os seus amigos

A continuación outorgamos uns calendarios para fomentar as actividades en familia fora do entorno escolar  e así favorecer a paz nos fogares.

Por último, xuntámonos nun círculo e cantamos, bailamos a canción I've got a peace in my fingers 

No hay comentarios:

Publicar un comentario