viernes, 25 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

Onte foi un día moi especial xa que celebramos a apertura da nosa biblioteca por petición de LIBRORETA da cal recibimos unha carta. Foi toda unha sorpresa atopar no buzón de cada aula una nova carta da nosa mascota. Botámola moitísimo de menos. Agora que xa voltou das vacacións coa súa familia, invitounos  a traballar sobre os inventos nunha viaxe espacial que comeza coa entrada nunha máquina do tempo. 



Así, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares todo o alumnado e o profesorado do centro reunímonos na biblioteca onde fixemos distintas actividades como: a entrega dos novos carnés lectores, as maletas viaxeiras, visionado dun videoconto realizado polo alumnado de 6º, escoita de poemas das rapazas e dos rapaces de 2º, entrega do primeiro número da nosa revista-xornal GALILEO...




Pásamolo en grande neste día tan especial e... POÑEMOS RUMBO AS NOSAS EMOCIÓNS E CREACIÓNS ENRIBA DAS ÁS DE LIBRORETA para comezar esta nova aventura co proxecto anual REIVENTARTE ao redor da nosa biblioteca escolar.





Deixámosvos algunhas fotiños desta celebración...


AS MALETAS VIAXEIRAS



No hay comentarios:

Publicar un comentario