O mércores, 24 de outubro, día das bibliotecas escolares, libroreta deunos a benvida no seu recuncho, no noso tamén recuncho, na biblioteca do Sello. Recibiunos falando da súa carta, da súa preocupación polo noso entorno. Quixo abrir as portas da biblioteca e mais os nosos sentidos. Así fíxonos reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeramos. Falounos da posibilidade de "reciclar, reutiliar e reducir" e tamén valorou a nosa paisaxe, os nosos bosques, os nosos ríos, os nosos mares...Por mor diso, este ano comezamos nun traballo da nosa terra, do sitio onde vivimos e vive nosa familia. Este traballo ou proxecto o chamaremos: "miña terra, meu lar", e nel estará involucrado todo o Centro.
Libroreta tamén contou o importante que é ler para investigar acerca este tema e outros máis, e deunos un marca páxinas (con forma de xouba) para non esquecer por onde nos quedamos na historia, na aventura do noso libro. Ademais xogamos con ela a dramatizar, a facer un pouco de teatro cos libros preferidos. Hai moito actor e actriz no Sello!
Moitas grazas Libroreta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario