OS MAIOS
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os
Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta
celebración primaveral
adóitase celebrar o 1
de maio. Tiña antigamente connotacións rituais
totémicas á
divindade
primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de
Europa, onde
existen variantes similares da mesma festividade.
Este ano como sempre celebramos esta festa no colexio, coa realización dun maio entre todo o alumnado. Ademais cada curso cantou coplas relacionadas coa temática do proxecto do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario