DIA
INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional
da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller
Traballadora, conmemorado cada 8
de marzo e recoñecido pola ONU
como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance
sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida
nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de
mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan
manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o
mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as
condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación
dos atrancos.
No centro elaboramos diferentes carteis relacionados coa temática e homenaxeamos a dúas músicas viguesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario