Por segundo curso consecutivo o EDLG, en colaboración co claustro de mestres e das familias, puxo en marcha o II CULTURGAL celebrado no noso centro escolar. Como resumo a un curso cargado de moito traballo, e polo tanto de moitos aprendizaxes, expuxéronse algunhas das actividades relacionadas co noso proxecto anual "UNHA ANDAINA POR EXPAÑA" que tiveron lugar ao longo de todo o ano. Durante catro días a nosa exposición estivo aberta a toda a comunidade escolar convidando ás familias a gozar dela. O venres 23 clausuramos o noso particular CULTURGAL cunha degustación con produtos típicos de cada unha das Comunidades Autónomas traballadas e xunto ás familias gozamos dunha gran festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario