Como cada curso, entre o 1 e o 11 de decembro, celebramos a conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Nesta ocasión reunímonos todo o cole no Recuncho de Libroreta e o alumnado de 5º e 6º de EP recordounos a importancia de celebrar esta data. Ademais un representante de cada curso, dende 4º de EI ata 6º de EP, foron os encargados de narrarnos unha presentación (Actividade de Carlos Mariño Pego), na que se reflexaron algúns dos elementos mais representativos da nosa Comunidade Autónoma: símbolos, escritores, músicos, gastronomía... Rematamos cun xogo baseado en variadas preguntas para comprobar a atención prestada polo público asistente e o broche final o puxo a música de Lume coa "Saia da Carolina" e como non podía ser de outro xeito, co Himno de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario