martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Como cada 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da non violencia e da paz, e nesta ocasión fixémolo a través dunha canción optimista que contaxia as gañas de superar os obstáculos atopados no camiño e de gozar da vida. Coa escenificación desta canción, "SEGUIREMOS" de Macaco, proxectamos a mellor versión de nós mesmos comprometéndonos a EMPEZAR, SEGUIR, BUSCAR, SOÑAR ... e en definitiva, VIVIR !

lunes, 30 de enero de 2017

"MIL COUSAS PODEN PASAR"

Resultado de imagenResultado de imagen para MIL COUSAS PODEN PASAR INeste novo trimestre comezamos no clube de lectura " Crazy polos books"  ca obra " Mil cousas poden pasar" , premio Merlín de literatura 2009 do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano,un dos protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2017.
 


     CRAZY  POLOS BOOKS



Comezamos con gran ilusión esta nova aventura literaria e con moitas ganas de gozar desta obra.

domingo, 22 de enero de 2017

FROITA NA ESCOLA

Como cada ano, o noso centro solicitou a distribución de froita fresca ofertada polo proxecta ALIMÉNTATE BEN para todo o alumnado de E.I. e E.P. Esta solicitude foinos recentemente concedida, polo que  a partir deste 2º trimestre e tamén ao longo do 3º trimestre, contaremos coa repartición e o consumo desta rica e saudable froita fresca.
 

lunes, 26 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Unha "Danza medieval" con moita marcha, un delicado baile en "Diciembre", un clásico "All you need is love", uns "Príncipes traviesos", moita marcha con "Last Christmas", unha versión moi cañera titulada "Ven o Nadal", un "Mix de Nadal" para os mais cativos, unha panxoliña en bable sobre "Os reis magos", unha brillante actuación para desexarnos "Feliz Navidad", cheos de ilusión "O mesmo recitamos que rapeamos" e o mítico "Jingle Bells" como broche final, fixeron as delicias do noso festival de Nadal 2016.
FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

lunes, 19 de diciembre de 2016

CONCURSO DE POSTAIS

Chegou o Nadal e con el o noso xa consagrado concurso de postais no que cada alumno deixou voar a súa imaxinación inspirándose na temática do proxecto anual "Unha andaina por España". A postal gañadora deste ano que aparece na felicitación-calendario 2107 co se agasalla ás familias, foi realizada por Irene González Vázquez (6º de E.P.) e Valencia foi o seu principal referente.

jueves, 15 de diciembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Coma sempre, nestas datas de Nadal, Libroreta recoméndanos algúns títulos para poder gozar do noso tempo libre acompañados dun bo libro. 
Aquí vos deixamos esta guía por si queredes facer algún encarguiño a Papá Nöel ou aos Reis Magos.



miércoles, 14 de diciembre de 2016

COÑECEMOS O COLE CON SABELA


Nestas dúas sesións do clube de lectura, viaxamos con Sabela polo seu barrio e tamén polo seu cole. A procura do tesouro axudounos a facer esta actividade, se cabe, mais motivadora para os cativos de infantil e os membros do clube de lectura o gozamos moitísimo!!!