
lunes, 20 de marzo de 2017
UNS VOLUNTARIOS MOI EFICIENTES!!

domingo, 19 de marzo de 2017
ENTREGA DE PREMIOS SAN VALENTIN
Por fin o pasado 15 de marzo puidemos realizar a desexada entrega de premios aos gañadores do "II Concurso de Cartas de Amor e Amizade". Este ano as cartas foron redactadas en verso e os premiados polas súas fermosas poesías son:
Alicia Miranda (2º Primaria).
Noé San Segundo (4º Primaria).
María Yolanda Álvarez Rodríguez (Nai de Isis, 4º Ed. Infantil).
sábado, 18 de marzo de 2017
RECITAL DE POESÍA
O vindeiro mércores 22 de marzo co gallo da celebración do Día da Poesía e para conmemorar o centenario de Gloria Fuertes, as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, realizarán un Recital de Poesía nun local próximo ao centro.
viernes, 17 de marzo de 2017
O RAP DO DINOSETO
O noso cole tivo o privilexio de ser o centro seleccionado para a grabación dun rap, para concienciar a cativos e adultos da importancia da reciclaxe.
Esta proposta, que parte do Concello de Vigo, foi moi ben recibida polo noso alumnado, que baixo a coordinación do profe Manuel conseguiron sen dúbida un resultado fantástico.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da grabación.
UN PLANETARIO NO COLE

Esta semana grazas a Obra Social "La Caixa", o alumnado do cole puido gozar dunha experiencia estelar. No ximnasio do cole montouse un fabuloso planetario móbil. Trátase dunha instalación ideal para a aprendizaxe e a divulgación da astronomía; para achegar o ceo aos nenos que aínda o descoñecen, e aos adultos que o esqueceron. O planetario constaba de 4 programas baixo o título "O ceo das estacións" e unha pequena curtametraxe titulada "A nena que sabía camiñar do revés". Sen dúbida unha forma lúdica e motivadora de coñecer o universo. Aquí deixamos un pequeno vídeo do moito que gozaron os mais cativos do cole con esta experiencia.miércoles, 15 de marzo de 2017
ACHEGÁMONOS Á OCEANÓGRAFA ÁNGELES ALVARIÑO
A
Concellería de Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo
convidou ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria a coñecer á oceanógrafa
Angeles Alvariño a través dunha contada acompañada por ilustracións.
Equipados cos seus cadernos e lapiceiros, os nosos alumnos/as tamén
fixeron as súas propias ilustracións. Ademais durante esta interesante
actividade contaron cunha inesperada visita...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










