lunes, 13 de marzo de 2017

VENRES AO SOL

Ben é sabido que os libros son unha ferramenta importantísima para todos, quen ten un libro ten un amigo. Os venres de bo tempo, o alumnado de 5º e 6º pertencentes ao voluntariado lector son os encargados de ler contos ao alumnado de Educación Infantil. Contos, lectura, amigos e sol. Sen dúbida unha combinación perfecta!!!
 

domingo, 12 de marzo de 2017

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA 2017

A edición XVIII do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xa está en marcha. Dende o día 10 de marzo e ata o 2 de abril podedes gozar dunha morea de actividades: contacontos, obradoiros, música, danza, teatro... 

Este ano, baixo o lema "O mundo que queremos" e coa obra de "Escaquis e Romeu" de Antonio Manuel Fraga como fío condutor, ofértanse unha ampla gama de actividades culturais. 

Aquí deixámosvos o programa con todas as actividades previstas por se fosen do voso interese.


viernes, 10 de marzo de 2017

AN ALFAYA VISITA O SELLO

O pasado venres 3 de marzo, grazas ao Proxecto Faro na Escola, no que participa o noso centro, a escritora viguesa e antiga alumna do CEIP O Sello, An Alfaya, visitou ao alumnado de 5ºe 6º de Primaria. Falounos da súa profesión, dos esforzos que supón pero tamén das grandes satisfaccións que lle reporta.
Animounos a ser lectores, e quen sabe, tal vez futuros escritores.
Lembrou, xunto ao noso alumnado a súa estancia como estudante no Colexio Sello de onde xurdiron as súas primeiras composicións.





jueves, 9 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Ao longo desta semana (6-10 de marzo) celebramos a "Semana da Prensa". Seguindo o noso proxecto anual "Unha andaina por España", a Biblioteca do cole puxo a disposición do alumnado xornais das diferentes comunidades autónomas que están sendo traballadas por cada unha das aulas.
Así, tiveron a posibilidade de analizar as semellanzas e diferenzas entre os xornais galegos e os doutros lugares de España.




martes, 7 de marzo de 2017

ERES O MEU PADRIÑO??

O apadriñamento lector é unha das actividades do voluntariado lector que mais lles gusta aos nosos alumnos.Por iso todos os mércores o alumnado de 5º e 6º transfórmanse en padriños do resto de alumnado, e na hora de ler realizan actividades diversas de animación á lectura: dramatización de contos, títeres...

domingo, 5 de marzo de 2017

DÍA DE ANDALUCÍA

 
O 28 de febreiro celébrase o Día da Comunidade de Andalucía e conmemórase o referéndum sobre o proceso autonómico no ano 1980. Este ano, dita data, coincidiu durante as vacacións de Entroido polo que o ciclo de Educación Infantil pospuxo a súa celebración para o venres 3 de marzo. Os cativos do Sello levan todo o 2º trimestre profundizando na cultura, costumes e tradicións desta Comunidade do sur de España para compartir os seus coñecementos co resto dos compañeiros e mestres do cole. Con moito arte e salero, convidáronnos a unha degustación da saudable dieta mediterránea: olivas e o pan con aceite. Para rematar esta celebración e coa intención de que ninguén esqueza un día tan significativo para os andaluces, un abanico personalizado foi o agasallo de recordo para todos.
OLÉ MI ARMA!!!


viernes, 3 de marzo de 2017

O ENTROIDO NA PENÍNSULA

O pasado venres 24 de febreiro celebramos a festa do Entroido 2017 baixo o lema "O Entroido na Península". Cada aula caracterizouse dalgunha personaxe ou dalgún elemento significativo da súa comunidade, seguindo o noso Proxecto Anual "Unha andaina por España". Ben guapos saímos a dar un paseo por Cabral. Ao regreso ao cole cantamos e recitamos as nosas coplas do entroido, actuamos como grandes artistas e para finalizar degustamos uns deliciosos doces típicos destas datas, cos que colaboraron as familias. 
Mirade que guapos estabamos e o ben que o pasamos.