Polo día da PAZ, tivemos a presentación dos novos mediadores do cole (que será o alumnado de 5°de educación primaria).
Tamén fixemos entrega dos nosos premios Nobel da paz cos diplomas que recoñeceron as boas prácticas, o compañerismo entre o alumnado.
Por outra banda, o alumnado de infantil e de primaria, investigou sobre personaxes recoñecidas que traballaron na procura da paz.
Gozamos dun fermoso día con xogos cooperativos e de traballo en equipo.