Para rematar esta semana do libro entre lendas, historias e curiosidades das diferentes comunidades españolas, os maiores do cole faláronnos da súa comunidade, a comunidade valenciana.
viernes, 28 de abril de 2017
miércoles, 26 de abril de 2017
SEMANA DO LIBRO. XOVES
Hoxe os nenos e nenas de 4º de Primaria contáronnos unha lenda madrileña sobre a "Desaparecida casa do duende" e os nenos e nenas de 2º de Primaria fixéronnos pasar un rato moi divertido coa lenda asturiana do "Diaño burlón". Mirade que ben o fixeron todos.
SEMANA DO LIBRO. MÉRCORES.
Hoxe tivemos unha dobre actuación. En primeiro lugar o contacontos musicado "Contos de papá" gracias ao autor Héctor Lorenzo.
E a continuación os nenos e nenas de 1º de Primaria contáronnos unha morea de cousas interesantes sobre a comunidade de Castela A Mancha. Mirade que ben o fixeron.
martes, 25 de abril de 2017
SEMANA DO LIBRO. MARTES.
Hoxe tocoulle a quenda a 3º de Primaria. Contáronnos a lenda de San Jordi, xa que están investigando a comunidade catalana. Se nos a coñecedes mirade o vídeo que vos deixamos aquí.
lunes, 24 de abril de 2017
SEMANA DO LIBRO. LUNS
Ao longo da semana do 18 ao 23 de abril celebramos a "Semana do Libro". Este ano organizamos unha actividade relacionada co noso proxecto anual "Unha andaina por España".
Cada aula contounos aos demais, un conto, unha lenda ou falounos das características da Comunidade Autónoma investigada durante o curso.
Os primeiros en comezar esta andaina foron os alumnos de Infantil que nos leron o conto de Andalucía "La feria de Abril" e tamén "¿De qué están hechas las niñas flamencas?". A continuación, os alumnos de 5º de Primaria nos representaron a lenda vasca de Makilakixki.
domingo, 23 de abril de 2017
TRABALLANDO COAS REVISTAS!!!
Co inicio do proxecto "A miña mascota", os Mouchos de 3 anos visitamos a biblioteca, e convertémonos en exploradores: buscamos contos, miramos revistas en busca de noticias...
Ca información recollida e co material co que colaboran as familias elaboramos o recuncho sobre as mascotas e realizamos unha exposición das noticias mais interesantes.
miércoles, 19 de abril de 2017
OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA
O servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, organizan no mes de maio un "Obradoiro de escritura creativa" para rapaces de entre 8 e 12 anos, dirixido polo escritor Xabier Xil Xardón. Unha boa oportunidade para todos aqueles que vos gusta contar e crear historias.
Para ter mais información podedes clicar no seguinte enlace:
I CERTAMEN DE RETRANCA GALEGA
Este curso dende o EDLG da escola, co afán de promover o uso da nosa lingua entre o alumnado, convocouse o I Certame de Retranca Galega, no que había que recoller un refrán ou dito popular galego. Resultou unha actividade moi interesante para falar do sentido e significado deses ditos populares e coñecer un pouquiño mais a nosa cultura.
Houbo unha boa participación e non foi doado escoller aos premiados. Finalmente os galardoados foron:
Ainara Pereira Pérez de 5º de Ed. Infantil.
Rubén Alonso Martínez de 4º de Ed. Primaria.
Uxía Centelles Martínez de 6º de Ed. Primaria.
lunes, 10 de abril de 2017
" O SEGREDO ENTRE PÁXINAS"
Os membros do clube de Lectura " Crazy polos books" aínda inmersos na lectura do libro " Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano e apiques de rematalo, levan a cabo a actividade de voluntariado " O segredo entre páxinas".
A través da
lectura dalgún capítulo , describindo as personaxes, amosando as
ilustracións... recoméndanlle o libro ao alumnado de 3º e 4º, próximos
beneficiarios do clube de lectura do ano que ben, para que descubran os
misterios e segredos, entre as páxinas desta fermosa e interesante lectura.
domingo, 9 de abril de 2017
VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
O pasado venres 31 de marzo, todo o alumnado de Ed. Primaria e os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil realizaron unha visita ao "Salón do Libro de Pontevedra", que vai xa pola súa XVIII edición. Este ano baixo o lema de "O mundo que queremos" puidemos empapanarnos de ideas e valores necesarios para mellorar o noso mundo entre todos.
Houbo tempo para todo. Para xogar, para merendar, para gozar dunha estupenda obra de teatro, para saudar a ORBIL e por suposto para mergullarnos entre libros e historias.
Mirade que ben o pasamos!
jueves, 6 de abril de 2017
MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS
Un ano mais volvemos a participar nesta proposta da ONG "Save the Children". Como saberedes, os nosos alumnos decorarán estes marcapáxinas e despois venderanos para recabar fondos. Así aportarán un pequeno pero importante gran de area para esta boa causa.
Así que animádevos a colaborar connosco. A solidariedade ensinase co exemplo.miércoles, 5 de abril de 2017
VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA
Que andarán argallando os nosos voluntarios da biblioteca?
Estes días o noso equipo de voluntarios de biblioteca andan moi atarefados decorando e preparando uns debuxos un tanto estraños. Pronto saberedes de que se trata pero ata entón podedes ir cavilando que pode ser...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)