jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAÍN

Comezan as celebracións no cole e a primeira é o SAMAÍN. 
Este ano, como ven sendo xa costume,  ademais de decorar os corredores do cole coas cabazas caracterizadas coa temática do noso Proxecto Anual "Costumes e Tradicións Galegas" e realizar a exposición de caveiras, cada aula creou un conxuro que despois recitamos no día da celebración do Samaín. 
Moito coidado porque saíron conxuros marabillosos, non  vaia ser que se fagan realidade.
Aquí vos deixamos un vídeo do gran traballo realizado polo noso alumnado



                       

domingo, 4 de octubre de 2015

OBRADOIRO DE XOGOS MUSICAIS

Grazas á Concellería de NL e ao Servizo de NL do Concello de Vigo, as Abelliñas, as Tartarugas e os Pitufos gozamos dun obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical. E fixémolo, co galego como idioma vehicular, con melodías sinxelas, cancións repetitivas e danzas acompañados de diferentes instrumentos.

jueves, 1 de octubre de 2015

PROXECTO ANUAL DO COLE 15/16

Este curso 2015/2016 o tema elixido para investigar no noso cole é...
                           "Costumes e Tradicións Galegas"
O principal obxectivo é que coñezamos as nosas raíces e as nosas costumes, de donde veñen, como xurdiron, onde se celebran e se desenvolven...
Para poder aprender un pouquiño de cada unha das nosas costumes e tradicións, o que fixemos foi repartir por aulas os temas a investigaar. E así quedou a cousa:
- Educación Infantil: Música e Xogos populares.
-1º de Primaria: A Gastronomía.
-2º de Primaria: Flora e fauna galega.
-3º de Primaria: Festas populares e  traxes típicos.
-4º de Primaria: Arquitectura, pintura e literatura.
-5º de Primaria: Pobos medievais.
-6º de Primaria: O camiño de Santiago