lunes, 20 de junio de 2022

Un verán de lecturas

Chegou o verán!!! 🌝

Despois de tantos meses de duro traballo, chegou o tempo de achegarse ao mar, de poñerse baixo un parasol e gozar dunhas boas lecturas refrescándonos coa brisa mariña. 

Fixemos esta selección de libros e de xogos que seguro vos van encantar: 








 

viernes, 17 de junio de 2022

REVISTA SARDOMELA Nº25

Deixámovos por aquí o último número da nosa revista Sardomela na que podedes atopar un pequeno resumo deste curso escolar DE CINE. Que a desfrutedes!!


MIRA AQUÍ A REVISTA!




martes, 26 de abril de 2022

Día do Libro no Sello

O venres 22 de abril celebramos o día do Libro no Sello 📙

Fixemos a entrega de premios dos dous concursos, que traballamos durante as semanas previas.

  

- Concurso "Libros de cine": aquí temos a exposición dos libros levados ao cine, que foron feitos polo noso alumnado. 



Concurso "Ata sempre, Libroreta!". Libroreta deixa vacante o posto de mascota da biblioteca non sen antes pedirnos un último reto: crear á súa futura sucesora! Así que todo o alumnado do Sello púxose mans ás obra!!

 

E tras unha axustada votación presentamos a nosa nova mascota, creada por Geni. Noraboa!


No seguinte vídeo temos os/as gañadores/as dos dous concursos. Foi unha decisión moi complicada xa que rozouse case o 100% de participación e o nivel das propostas era moi alto! Parabéns a tódolos/as participantes! 


martes, 22 de marzo de 2022

MULLERES DE CINE

Durante o mes de marzo fíxose unha exposición de libros en torno ao 8M para que desde as titorías se traballara a igualdade de xénero e día da muller.

Os diferentes cursos elaboraron traballos e tarefas sobre as mulleres no cine, que foron expostas polos corredores do centro e que explicaron ao resto do colexio cunha exposición oral. 

 














Ademais, o propio 8 de marzo, decoramos os nosos corredores con caligramas cos nomes das mulleres máis importantes da súa vida. 




Dúas alumnas de 6º de primaria prepararon un manifesto sobre o 8 M que escoitamos todos/as xuntos/as.




Como di a canción “AS TORNAS ALGÚN DÍA TERÁN QUE CAMBIAR”, porque “NON IMOS SEGUIR IGUAL”. “AÍNDA TEMOS QUE LOITAR” homes e mulleres, todos xuntos, para lograr que seamos FORTES, LIBRES, RESISTENTES, INDEPENDENTES E MULLERES.



Feliz día da muller, feliz 8 M!


viernes, 11 de marzo de 2022

Encontro con autores

 O 9 de marzo visitou o noso cole O Hematocrítico autor dos libros Lendas do Recreo ou Vaia Cabuxiño! Libros que leron o alumnado de 1º e 2º e 3º e 4º.




A verdade é que neste cole somos moi fans dos seus contos, Axente Riciños ou Feliz Feroz triunfaron nas aulas. Así que, cando soubemos que viña ao cole, puxémonos mans á obra para preparar a súa visita: lemos a súa biografía, pensamos as preguntas que queríamos facerlle, deseñamos un regalo coa impresora 3D e ata lle preparamos reseñas do conto en formato Tweet.




A visita foi todo un éxito e o alumnado quedou encantado. 




Dende o cole, non nos queda máis que agradecer a O Hematocrítico que se pasase pola nosa biblio para falarnos do seu traballo e pola súa cercanía. Foi un auténtico pracer! Desexando que saian máis cousiñas!!


domingo, 13 de febrero de 2022

11F

O 11 de febreiro conmemórase o día da muller e da nena na ciencia como recoñecemento ao papel clave que desenvolven as mulleres nos ámbitos científicos e tecnolóxico.

O alumnado de 5º e 6º contactou vía mail con dúas científicas da Universidade de Vigo, Raquel Rey e Noelia González, co fin de que viñesen ao centro para entrevistalas en RadioSello. Non so aceptaron encantadas, se non que os días 10 e 11, estiveron no cole facendo uns obradoiros científicos con tódolos nenos e nenas. 



Quen sabe cantos científicos e científicas nos sairán do Sello? 😍🙋

Deixámosvos unhas fotos de todo o que se fixo nestes días e se queredes escoitar as entrevistas na web do cole, clicade aqui!!










lunes, 31 de enero de 2022

A PAZ NO SELLO E OS NOVOS MEDIADORES

Polo día da PAZ, tivemos a presentación dos novos mediadores do cole (que será o alumnado de 5°de educación primaria). 



Tamén fixemos entrega dos nosos premios Nobel da paz cos diplomas que recoñeceron as boas prácticas, o compañerismo entre o alumnado.


  

Por outra banda, o alumnado de infantil e de primaria, investigou sobre personaxes recoñecidas que traballaron na procura da paz.




Gozamos dun fermoso día con xogos cooperativos e de traballo en equipo.

 




"A paz comeza cun sorriso" María Teresa de Calcuta